Recollida selectiva

A cidadanía desempeña un papel crucial na axeitada xestión dos residuos urbanos. A súa colaboración na redución da produción de lixo, a través dun consumo racional e responsable, a reutilización de materiais o maior número de veces posible antes de convertelos en residuos e a súa activa participación nos mecanismos de recollida selectiva, dará lugar a que a porcentaxe de residuos sometidos a tratamento final sexa menor, coas conseguintes vantaxes ambientais, económicas e sociais.

Ademais da selección de materia orgánica para a fabricación de compost caseiro, faise preciso separar o resto de materiais por tipoloxías e depositalos no contenedor correspondente.

Á hora de separar, os envases pódennos dar pistas. A través do símbolo coñecido como Punto Verde, indícase que o fabricante que puxo o envase no mercado investiu para facer posible a súa reciclaxe. Deste xeito, teremos a certeza de que ese envase, unha vez convertido en refugallo, poderase depositar nun dos tres colectores de recollida selectiva que hai nas rúas: o iglú verde, se é de vidro; no azul, se é de papel ou cartón; ou no amarelo, se é un envase de plástico, de metal ou un brik.

IGLÚ VERDE

Debes depositar:

Botes, tarros e botellas de vidrio (sen os tapóns)

Non debes depositar:

As tapas e cortizas das botellas, cristais, parabrisas, pantallas de televisión e ordenador, lámpadas, vaixelas, vitrocerámicas, porcelana, cerámica, gres, baldosas, terra, grava, cemento, madeira, metais.

COLECTOR AZUL

Debes introducir:

Papel e cartón. Isto é: Xornais e revistas, follas de apuntamentos, cadernos sen argolas, papel de envolver ou embalar, caixas de cartón, cartóns de ovos.

Non debes depositar:

Papeis de calco, cartóns de leite, zume e viño (briks), papeis ou cartóns sucios de graxa, cueiros ou compresas, aluminio ou bolsas de papel aluminizadas ou celofán.

COLECTOR AMARELO

Destinado a acoller os envases lixeiros, isto é envoltorios de plásticos, latas e briks.

Por exemplo:

Redes plásticas (bolsas de laranxas ou de patacas), tapóns metálicos dos envases,papel de aluminio, plástico transparente de envolver, bolsas lixeiras, envoltorios de burbullas, bandexas plásticas, botes de cosméticos, tubos de dentífrico.

Non debes depositar:

Residuos de plástico que non sexan envases: xoguetes, cepillos de dentes, rotuladores, fitas de video, carretes de fotos, cables, enchufes..

COLECTOR XENÉRICO

Destinado a acoller os residuos non reciclables. En caso de que as condicións da nosa vivenda non sexan axeitadas para a fabricación de compost ou non dispoñamos dos medios necesarios, a materia orgánica debe depositarse tamén neste contenedor.

 

ILLAS ECOLÓXICAS

Nos últimos anos, comenzáronse a instalar contedores soterrados nos puntos de recollida de residuos de toda a xeografía, xa que presentan múltiples vantaxes como potenciar a mobilidade urbana, evitar os malos cheiros ou favorecer o embelecemento da vía pública ao ser a súa parte visible de menor tamaño.

Os contedores soterrados agrúpanse con frecuencia, formando as denominadas illas ecolóxicas, que poden combinar -sen límite- buzóns de orgánico, con vidrio, papel e envases. Estas illas poden incluso combinar diferentes sistemas de recollida para cada clase de residuo, configurando de forma autónoma cada unha das máquinas ou artefactos que poda requirir o servizo.

O Concello de Cervo dispón de tres illas ecolóxicas no seu termo coas seguintes características:

RSU: 2 x 1000 l de capacidade

PAPEL: 1 x 3 m³ de capacidade

PLÁSTICOS: 1 x 1000 l de capacidade

VIDRO: 1 x 3 m³ de capacidade

R/ Aduana (San Ciprián)

43º 41' 39.72''N      7º 26' 32''W

RECOLLIDA DE ACEITES

É amplamente coñecido o problema que xeran os residuos urbanos, tanto na súa recollida como no seu tratamento posterior, coa finalidade de obter productos reutilizables ou reciclados, e reducir así o impacto ambiental.

Un residuo urbano particularmente contaminante é o derivado do consumo de aceites domésticos –soia, xirasol ou oliva- que unha vez utilizados, xeralmente, son verquidos á rede de sumidoiros.

O efecto deste acción produce:

  1. Unha importante agresión ao medio ambiente se non se produce unha depuración total das augas residuais, dificultando a súa reutilización

  2. Altos costes de mantemento para os sistemas de depuración e, sobre todo, as instalacións das estacións que os procesan.

CONSECUENCIAS AMBIENTAIS DA RECOLLIDA SELECTIVA DO ACEITE USADO 

Consideracións económicas:

1. Eliminación dun residuo altamente contaminante da rede de sumidoiros

2. Facilidade de reutilización da auga depurada

3. Non obstrución das tubaxes

4. Diminución da probabilidade de proliferación de organismos prexudiciais para a saúde

5. Redución de substancias nocivas na combustión respecto á combustión de produtos derivados do petróleo

6. Abaratamento da depuración de augas residuais

7. Desenvolvemento de tecnoloxías en España para a fabricación de biocombustibles

8. Creación de postos de traballo na área de xestión de aceite e fabricación de biocombustibles (Biodiésel) 
 

 

OS CONTEDORES DE RECOLLIDA 

O Concello de Cervo dispón de varios contedores para a recollida deste residuo nos núcleos do termo municipal.

Contenedor de aceite
Contenedor na Rúa Xosé María Cao (Cervo)

7º 24' 41.17''W      43º 40' 17.01''N

Contenedor de aceite 3
Acceso ao porto de San Ciprián

7º26'18.49''W      43º41'54.79''N

Contenedor de aceite 5
Rúa do Xunco

7º26'49.26''W      43º41'35.16''N

Contenedor de aceite 2
Contenedor na rúa Aduana (San Ciprián)

7º26'32.16''W      43º41'39.65''N

Contenedor de aceite 4
Contenedor na rúa Corenta e Un (Río Covo)

7º26'32.16''W      43º41'39.65''N

Contenedor de aceite 6
Rúa Concepción Arenal

7º26'28.56''W      43º41'35.89''N