Colector marrón

O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, puxo en marcha unha campaña de difusión e concienciación á veciñanza editando un folleto explicativo que se fixo chegar a todos os fogares no que se detalla polo miúdo sobre plano os lugares do municipio nos que se sitúan os contedores marróns dentro do termo municipal.

 

Unha campaña informativa baixo o título “Súmate ao Marrón, ten moita vida”, co obxectivo de achegar á veciñanza toda a información relativa á reciclaxe da materia orgánica e de promover o uso do novo contedor que é unha das engrenaxes chave da economía circular para valorizar gran parte do lixo que xeramos nos nosos fogares.

 

As persoas interesadas en reciclar a súa materia orgánica poden cubrir a súa solicitude na Casa do Concello ou na Casa da Cultura, e recibirán unha chave para facer un uso responsable e individualizado dos colectores marróns.