Introdución
Ao longo dos séculos a práctica do deporte foi crecendo en magnitude. Un feito que demostra este aumento é o incremento cuantitativo dos medios persoais e materiais que están relacionados con esta actividade.
Magnitude social e cultural do deporte
O número de persoas relacionadas co deporte son as que reflexan a súa repercusión social. A grande maioría das persoas da nosa sociedade teñen algún vínculo co deporte, que pode ser de varias formas:
Como deportista activo
Como integrante dunha entidade deportiva
Como seguidor
Dende a delegación de Deportes a estruturación e planificación vai enfocada a achegar o deporte aos habitantes, contribuíndo co deporte de base, co escolar e co deporte de competición ou federado, así como cos diferentes clubs e entidades deportivas do municipio.
En canto aos recursos, o Concello de Cervo conta cunhas privilexiadas instalacións deportivas que nos permiten practicar diferentes modalidades deportivas:
A Piscina Olímpica Municipal de Lieiro, o Pavillón Municipal de Deportes da Veiga, a pista de pádel, a pista de skate e o complexo do Club Deportivo de Río Covo con pistas de tenis, squash e piscinas son claros exemplos disto.