Festas patronais
- RÚA Candelaria / 2 de Febrero
- LIEIRO Santa Isabel / 4 de Julio
- SAN CIPRIÁN Virgen del Carmen / 16 de Julio
- SARGADELOS Santiago / 25 de Julio
- SENRA San Pedro / 27 y 28 Julio
- CERVO San Roque / 15 de Agosto
- TRASBAR Santa Eufemia / 16 de Septiembre
- CERVO Las Dolores / Último Fin de Semana de Septiembre
- CASTELO Nuestra Sra. del Rosario / 1º Fin de Semana de Octubre
- SAN ROMÁN DE VILAESTROFE Virgen del Pilar / 12 Octubre
Festas gastronómicas
FESTA DO OURIZO |
---|
- LUGAR: San Ciprián
DATA: Marzo (día variable)
O ourizo é un produto do mar de recoñecido prestixio polo seu intenso e exquisito sabor e polo seu extraordinario valor culinario. Por estas razóns, así como pola forte tradición de consumo, ano tras ano celébrase unha xornada gastronómica dedicada a este prezado equinodermo. Na festa participan a maior parte dos establecimentos hostaleiros do pobo (bares e restaurantes), que preparan o ourizo en diferentes receitas: croquetas, empanada, tortilla, ao natural, cocidos, 'pudin' e outras moitas especialidades, buscando combinar as variedades tradicionais coa innovación.
FESTA DO MEXILLÓN |
---|
- LUGAR: San Ciprián
- DATA: Por determinar
Los diferentes establecimientos hosteleros de San Ciprián ofrecen este día deliciosas recetas en las que el mejillón es el protogonista
FIESTA DEL HUEVO FRITO |
---|
- LUGAR: Cervo
- DATA: Agosto
A mediados de agosto, en el marco de las fiestas patronales se celebra la Festa do Ovo Frito, en la que se puede degustar este plato en la Praza do Souto.
Festas de interese turístico
Ademais da anteriormente citada FESTA DO OURIZO, no Concello de Cervo contamos con outras dúas festas de Interese Turístico Galego, ámbalas dúas de orixe popular.
QUEIMADA POPULAR DE CERVO |
---|
- LUGAR: PRAZA DO SOUTO EN CERVO
- FECHA : SÁBADO SEGUINTE AO 16 DE AGOSTO
A Queimada Popular de Cervo foi declarada no 2001 Festa de Interese Turístico Galego". Nesta celebración faise unha representación teatral que cambia anualmente e que sempre ten o mesmo fío argumental: o trunfo do ben sobre o mal. A festa comeza pola noite, coa baixada dos actores dende as Escolas Vellas ata a praza, acompañados co son das gaitas que interpretan o Himno do Antigo Reino de Galicia e alumeados con potes de queimada e con fachos; na praza ten lugar un enfrontamento entre o ben (representado polo Bruxo) e o mal (representado por bruxas, meigas, demos e outros seres malignos do inferno) no que o baile e a música teñen un papel destacado. Este enfrontamento remata co esconxuro co que o bruxo espanta ao mal e co reparto gratuíto de centos de litros de queimada.
MARUXAINA |
---|
- LUGAR: SAN CIPRIÁN
- FECHA : SEGUNDO SÁBADO DE AGOSTO
Maruxaina é o nome da protagonista da lenda máis famosa desta vila; esta celebración, coa que se pretende manter viva a lenda, celébrase dende o 1985 e no 2002 foi declarada Festa de Interese Turístico Galego. A lenda conta que nos Farallóns vive un ser (metade peixe e metade muller) que ten por costume tocar o corno; algúns veciños pensan que o fai con boas intencións (avisar aos mariñeiros da proximidade dun temporal) e outros pensan que o fai con malos propósitos (para tolealos e que embarranquen nos Farallóns). A celebración comeza pola mañá, coa xuntanza de todos os veciños na praza da vila vestidos ao xeito dos mariñeiros antigos (eles con pantalón de mahón azul, camisa branca e boina; elas con saias longas, mandís, camisa e pano na cabeza, todo en cores de loito); percórrense as rúas da vila co son das gaitas e dos cornos; báixase á praia para xantar e pola tarde celébranse xogos populares; pola noite apáganse todas as luces da vila e báixase á praia, onde se espera a chegada da Maruxaina, que é traída dende os Farallóns nas chalanas e represéntase un xuízo no que os veciños deciden se queimala ou indultala; ano tras ano é indultada e para celebralo inicíase unha gran festa, na que se reparten litros e litros da queimada que se ofrece entre bailes e música na praza dos Campos.