Dende o Concello realízase a recollida de enseres dous xoves alternos ao mes.
O artigo 5 queda redactado como segue:
"A cota tributaria virá determinada por unhas tarifas segundo a clase de material dos admisibles dos que se solicite a súa recollida."
TARIFA 1 | Residuos de bolsa amarela Papel, vidro, ferralla, pilas Aceites (domésticos) Tubos fluorescentes e lámpadas (domésticos) Plásticos, ata 10 Kg Disolventes, pinturas e vernices domésticos, ata 5 Kgr. Incluíndo o envase Téxtiles | 1,06 € |
---|---|---|
TARIFA 2 | Baterías, por unidade. | 2,12 € |
TARIFA 3 | Mobles, colchóns, sofás. Outros obxectos non especificados noutras categorías. | 3,19 € |
TARIFA 4 | Cascallos de obra doméstica, ata 25 Kgr. Metais e restos, ata 60 Kgr. Aceites de establecementos comerciais e industriais, ata 20 Kgr. Tubos fluorescentes e lámpadas de electricistas ata 10 Kgr. | 5,31 € |
TARIFA 5 | Aerosois, por entrega, ata 5 Kgr. Disolventes, pinturas e vernices non domésticos, ata 10 Kgr. Electrodomésticos | 10,62 € |
TARIFA 6 | Silos, invernadoiros Obxectos voluminosos de máis de 60 Kgr | 35,40 € |