Planta de biorresiduos

O Concello de Cervo conta no Polígono de Cuíña cunha planta de biorresiduos que dá servizo a toda a comarca da Mariña. Situada nunha parcela de case 8000 m2, onde se construíu unha nave de 3500 m2.

A instalación supuxo un investimento moi importante por parte da Xunta de Galicia, próximo aos 6,4 millóns de euros. equipada con innovadores sistemas de depuración de augas e de aire, así como de control do nivel de ruído, que é autosuficiente desde a dimensión enerxética ao estar alimentada por enerxías renovables, concretamente con paneis solares, contribuíndo desta forma á loita contra o cambio climático.

A planta acolle todo o proceso de compostaxe -pretratamento, fermentación, maduración e almacenamento- e dispón de capacidade para tratar 3.000 toneladas anuais de materia orgánica, ademais de 1.600 toneladas de material estruturante (podas e restos de madeira), estimando unha produción de 1.500 toneladas de compost, cuxo destino será fundamentalmente a agricultura e a xardinería, en substitución dos fertilizantes artificiais.

O Concello de Cervo foi o primeiro en estrear esta planta pública o pasado 8 de novembro do 2023 cunha primeira entrega de materia orgánica na instalación que se realiza por parte do servizo municipal de recollida de lixo.