Porto pesqueiro de San Ciprián

Puerto pesquero San Ciprian

Durante séculos, San Ciprián foi utilizado como porto e fondeadoiro, posiblemente dende os albores da humanidade, posto que sabemos que este lugar estivo habitado na prehistoria por asentamentos que, xa daquela, consumían produtos do mar.

En 1933, o chamado porto era en realidade un abrigado fondeadoiro para buques de mediado porte formado polo illote Anxuela e a península de San Ciprián. Pese ás súas boas condicións naturais, carecía de obra ninguna que permitise realizar con comodidade as operacións de carga e descarga de pesca e mercadorías. O illote Anxuela facías as veces de dique natural, proporcionando un grande abrigo.

Era indubidable que, como mínimo, conviña construír en San Ciprián un peirao-embarcadoiro onde puidesen atracar os barcos de cabotaxe. É así como empezan as obras portuarias, a partir da década de 1930. A construción do peirao remata a nos anos corenta.

Hoxe en día o peirao conserva a feitura orixinal, aínda que sofre unha serie de reparacións e melloras.

No 2003 realízanse melloras de abrigo neste porto coa construción dun espigón de protección de 26 metros de longo e 5 de ancho para protexer o peirao dos temporais

Na actualidade, o porto de San Ciprián está formado por un peirao de ribeira de 120 metros de liña de atraque, con calados inferiores a 4 metros.

Destacar que conta cos seguintes servicios:

  • Confraría

  • Lonxa

  • Casetas de pescadores

  • Mariña seca

  • Grúa

  • Surtidor de combustible