Cervo

Parroquia de Cervo

Na parroquia de Cervo podemos visitar o seu casco urbano, rica en fermosa arquitectura civil tradicional; este lugar estructúrase ao redor dunha praza e nel abundan as vivendas de pedra coidadosamente restauradas e as rúas empedradas. En Cervo podemos, ademais, gozar de excursións a cabalo que parten desta vila e que percorren parte do Concello ou descansar na área recreativa de recente construción, situada na zona das Lobeiras.

 

CIFRAS:

Extensión: 8,18 Km2

 

 

ALDEAS:

A Langoira, A Rueta, A Senra, As Casas Novas, Cervo, Cuíña, Daián, Espiñeirido, Fontao, O Madeiro, O Penido, Río Covo e Vila de Suso.

 

DE INTERESE:

Igrexa de Sta. María (Cervo), capela de San Pedro (A Senra) e capela de San Xosé (Cervo), castro e praia de Rueta.