O CONCELLO DE CERVO VÉN DE LOCALIZAR A ORIXE DOS BIOFILTROS QUE APARECERON NO DÍA DE ONTE NOS AREAIS DE CUIÑA E CUBELAS
O CONCELLO DE CERVO VÉN DE LOCALIZAR A ORIXE DOS BIOFILTROS QUE APARECERON NO DÍA DE ONTE NOS AREAIS DE CUIÑA E CUBELAS
- Os biofiltros proceden da piscifactoría situada no polígono industrial de Cuiña
§ A empresa correrá coas responsabilidades pertinentes da emisión destes elementos
Cervo, 12 de novembro de 2021.-O Concello de Cervo vén de localizar a orixe da gran cantidade de biofiltros que apareceron, na mañá de onte, nas praias de Cubelas e A Caosa.
A piscifactoría situada no polígono industrial de Cuiña, púxose en contacto co goberno municipal na mañá de hoxe para manifestar que os biofiltros procedían da súa explotación, e que se farán cargo das responsabilidades derivadas desta emisión.
Desde o equipo de goberno valoran positivamente que xa podamos coñecer a procedencia destes biofiltros, e que a propia empresa corra coas obrigas que poidan xurdir.
Apunta a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, que “seguiremos vixiantes ante a aparición de máis biofiltros ou calquera outro material que poida proceder desta emisión” e engadiu tamén que “estaremos en contacto permanente coa