O CONCELLO DE CERVO VÉN DE LOCALIZAR A ORIXE DOS BIOFILTROS QUE APARECERON NO DÍA DE ONTE NOS AREAIS DE CUIÑA E CUBELAS

O  CONCELLO DE CERVO VÉN DE LOCALIZAR A ORIXE DOS BIOFILTROS QUE APARECERON NO DÍA DE ONTE NOS AREAIS DE CUIÑA E CUBELAS

 

  • Os biofiltros proceden da piscifactoría situada no polígono industrial de Cuiña

 

§  A empresa correrá coas responsabilidades pertinentes da emisión destes elementos

 

Cervo, 12 de novembro de 2021.-O Concello de Cervo vén de localizar a orixe da gran cantidade de biofiltros que apareceron, na mañá de onte, nas praias de Cubelas e A Caosa.

 

A piscifactoría situada no polígono industrial de Cuiña, púxose en contacto co goberno municipal na mañá de hoxe para manifestar que os biofiltros procedían da súa explotación, e que se farán cargo das responsabilidades derivadas desta emisión.

 

Desde o equipo de goberno valoran positivamente que xa podamos coñecer a procedencia destes biofiltros, e que a propia empresa corra coas obrigas que poidan xurdir.

 

Apunta a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, que “seguiremos vixiantes ante a aparición de máis biofiltros ou calquera outro material que poida proceder desta emisión” e engadiu tamén que “estaremos en contacto permanente coa