O CONCELLO DE CERVO CONMEMORA O DÍA DA MULLER CO TRADICIONAL XANTAR O DÍA 8 DE MARZO

A cita terá lugar o domingo 8 de marzo ás 14:30 horas no restaurante “O Noso Lar”, cun prezo de 35 euros por persoa.

O Concello de Cervo conmemora o Día Internacional da Muller coa celebración do tradicional xantar, organizado en colaboración coas asociacións do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade de Cervo.

A cita terá lugar o domingo 8 de marzo ás 14:30 horas no restaurante “O Noso Lar”, cun prezo de 35 euros por persoa.

Os tickets poderán mercarse no propio restaurante a partir de mañá.

Durante a comida farase entrega dos premios ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se están a disputar estes días, e sortearanse agasallos cedidos polas asociacións organizadoras.

A xornada continuará con animación musical a cargo do Dúo Caramelo na Casa do Mar, garantindo un ambiente festivo e de convivencia nunha data sinalada para reivindicar a igualdade e poñer en valor o papel da muller na sociedade.

Dende o Concello de Cervo animan a todas as mulleres do municipio a participar nesta celebración pensada como un espazo de encontro, recoñecemento e festa compartida.