
Lembranza a puro cora paradela (1941-1993)


Autor: Daniel Caxigueiro.
Inauguración: 26 de abril de 2011
Esta peza foi elaborada en recoñecemento ao labor da familia De Cora, que cedeu de forma gratuíta os terreos onde hoxe se sitúa a obra, e onde existe un paseo que pode ser gozado por todos os veciños e visitantes de San Ciprián.
A obra está formada por tres libros en bronce, nos que se pode ler o nome de Puro Cora, situados sobre rochas xunto á ría de Lieiro. Esa sinxeleza foi moi valorada polos presentes e polo propio artista. A obra está encadrada nunha paraxe na que se unifican as tres grandes paixóns de Cora: a natureza, o mar e a literatura.
A obra de Caxigueiro en Lieiro compleméntase con tres puntos suspensivos en branco que se poden ver no céspede xunto ás rochas onde se levanta a escultura. Eses puntos serven para chamar a atención dos viandantes, en primeiro lugar, e para recordar eses tres elementos fundamentais en Puro Cora xa mencionados.