Praia do Torno
CARACTERÍSTICAS:
- Tipo: Praia resgardada
- Lonxitude: 578 metros
- Tipo de area: fina e branca
ACCESO:
Doado, tanto en coche como a pé
Dispón de paseo marítimo
DESCRICIÓN:
Trátase dunha praia de area branca, ondaxe tranquilo e en forma de tómbolo. O seu entorno atópase urbanizado, coa típica especie faunística do litoral. Integrada no casco urbano de San Ciprián, esténdese dende a ría de Lieiro ata a zona portuaria. Aínda que está rodeada de edificacións máis modernas, a vista do porto e da Concha, xunto coas súas embarcacións e coa Anxuela ao fondo fan desta praia un lugar moi acolledor. Dende ela tamén se poden observar as Illas dos Farallóns, lugar onde se orixina a máxica lenda da serea Maruxaina.
Nos seus 578 metros conta con espazos diferenciados; a zona da ría, recuncho tranquilo propicio para levar aos máis pequenos; a zona do Torno, a que máis xente aglutina, e a parte do porto que abrangue dende as pedras da Penameá ata o propio peirao.
SERVIZOS
- Socorrismo
- Acceso
- Duchas
- WC públicos
- Bar -Terraza
- Aparcadoiro
- Recollida Selectiva
- Información
- Rampa de acceso para persoas con mobilidade reducida
- Cadeira anfibia adaptada