Praia da Limosa
CARACTERÍSTICAS:
- Tipo: Praia aberta
- Lonxitude: 288 metros.
- Anchura: 70 m con moita variación por marea
- Tipo de area: grosa
ACCESO:
Doado, tanto en coche como a pé
DESCRICIÓN:
Praia ubicada nun ámbito industrial e de ondada moderada en época estival, o resto do ano moi frecuentada por surfistas dadas as ondas que se forman. Tamén é moi concurrida polos amantes da pesca deportiva.
Destacar que todos os anos no mes de setembro celébrase o campionato de Surf & body "Mc Giver" que organiza o Club limosa Surf.
SERVIZOS:
- Acceso
- Duchas
- Papeleiras no seu contorno