Museo provincial do mar (San Ciprián)

Museo do mar

HORARIO

Inverno:

Martes a sábado: 11:00-14:00 h e de 16:00 a 19:00 h

Domingos e festivos: 11:00-14:00 h

Verán:

Martes a sábado: 11:00-14:00 h e de 17:00 a 20:00 h

Domingos e festivos: 11:00-14:00 h

Entrada: Tarifa gratuíta

Tipo de acceso: Libre/guiada

Enderezo

Avda da Mariña nº 25

27890 San Ciprián

Tlf : 982 59 45 72

Correo electrónico: museodomar@museolugo.org

Enlace externo sobre o Museo

San Ciprián é terra de mar. É unha península, unha lingua de terra que sae sen medo ó encontro do mar. Duro, perigoso, bravo, escravo..., mais tamén unha porta aberta a novos mundos. Mundos descoñecidos, cheos de historias para seren contadas.

O noso Museo do Mar garda o reflexo da memoria do seu pobo, e é, sen dúbida, o seu mellor narrador. Estamos ante o museo do mar público máis antigo de Galicia e o máis accesible.

Por iso, o Museo do Mar de San Ciprián quere chegar a ser un modelo de museo accesible, adaptado, didáctico, aberto a todos os sentidos, inclusivo e con plena atención á diversidade, capaz de eliminar todas as barreiras de comunicación cos seus visitantes. Queremos facer del un museo social, interactivo e dinámico, un museo do futuro, vivo e humano. 

SECCIÓNS: 

O museo distribúe os seus contidos en catro salas e sete seccións temáticas. 

ENTRADA E SALA 1: 

  • 0. A ESCOLA: Un museo de todos, para todos. O LATEXO DO MUSEO: motor do barco e arquivo fotográfico. 

SALA 2: 

  • 1. A CARPINTERÍA DE RIBEIRA, O CASO DE SAN CIPRIÁN.

  • 2. TIPOLOXÍA DE BARCOS A VELA CONSTRUÍDOS EN SAN CIPRIÁN.

  • 3. A ARTE DE MAREAR: BUSCANDO O NORTE. Os instrumentos náuticos e a navegación astronómica. 

SALA 3: 

  • 4. OS OFICIOS DO MAR.

  • 5. HISTORIA DA PESCA EN SAN CIPRIÁN: ARTES E APARELLOS DE PESCA.

  • 6. A VIDA MARIÑA, ALGO MÁIS QUE PEIXES. 

SALA 4: 

  • 7. OS CAZADORES DE BALEAS.

NO EXTERIOR: sitúanse as pezas máis grandese pesadas do Museo: Dous cañóns, un pertencente ó destacamento militar de San Ciprían e o outro pertencente a unha nave inglesa canoneada nestas costas. Tamén se expoñen vellas áncoras, hélices de naves afundidas en accidentes ou batallas. 

ACTIVIDADES 

Durante todo o ano, o Museo Provincial del Mar de San Ciprián ofrece un amplo programa de actividades, especialmente dirixidas aos escolares:

  • A caza das baleas ( Educación Infantil 1º e 2º de Primaria)

  • Identificando baleas no Museo ( 3º e 4º de Primaria)

  • En Busca do Obxecto Misterioso ( 5º e 6º de Primaria)

  • Pescando Polo Museo ( 1º e 2º de ESO)

  • En Busca do Barco Misterioso ( 3º e 4º de ESO)