Capela de San Pedro
Esta capela situada na Senra data do ano 1636. (s.XVII)
Trátase dunha capela fundada por unha familia, sendo o seu fundador Pedro Díaz.
Dita capela é de propiedade privada, e foi pasando de xeración en xeración ata a actual propietaria, Dona Manuela Franco Quiroga, que reside na casa dos fundadores.
A pesar de ser unha capela privada, os propietarios permiten o seu uso en calquer tipo de acto previa autorización, sendo testemuña de diferentes vodas, bautismos e misas.
Todos os anos polas festas de San Pedro (29 Xuño), patrón da Senra, celébranse misas nesta capela.
As imaxes que podemos ver no seu interior pertencen ás orixes da capela: San Pedro, San Andrés, Santa Ana e Santa Inés. Tamén é de mencionar a Virxe do Carme doada por un náufrago.