Introdución
O departamento da Área Económica do Concello de Cervo, xestiona as áreas de Intervención e Tesourería municipais. Dende a área de Intervención, fiscalízase a xestión económica, financeira e presupostaria municipal e a Xestión Tributaria. E dende a área de Tesourería contrólanse e xestiónanse os fondos municipais e a Recadación municipal.
Ademais, o departamento conta cun punto de atención ao público onde se efectúa o rexistro xeral de todas as facturas e se atende aos provedores e administrados persoal e telefonicamente. Tamén se levan a cabo presentación de avais, devolución de fianzas e pagos mediante cheques entre outras xestións.
Recadación municipal
Corresponderalle ó Concello de Cervo como entidade local a recadación de tódalas débedas cuia xestión ten atribuidas ben sexa de forma directa ou indirectamente a través doutros entes territoriais a cuio ámbito pertence o Concello mediante a delegación desta facultade a través do correspondente convenio regulador de competencias. Así mesmo actúan como entidades colaboradoras na recadación do Concello de Cervo determinadas entidades de crédito prestando o servizo de caixa.
Ordenanzas fiscais
Son as normas municipais que rixen as tarifas dos servizos que presta o Concello, así como o seu procedemento, aplicación, condicións... Cada municipio establece nas súas ordenanzas fiscais as cuantías que cobra polos impostos e tasas municipais. As ordenanzas e as súas tarifas se modifican todos los años. Nesta sección pode consultar as ordenanzas vixentes para o presente ano, pode descargalas en formato PDF. Sólo está dispoñible a versión en galego.
Calendario fiscal
É o calendario no que se indican as datas nas que os contribuintes poden realizar xestións, consultar datos ou presentar documentos e realiza-los pagos ós que estivesen obrigados según a súa actividade e a súa situación económica. O calendario fiscal inclúe as datas a recordar para o cumprimento das nosas obligacións fiscais fronte as administracións.