Escola infantil de Cervo

Dirección
AVDA DA MARIÑA, 1. C.P: 27890 Localidade: SAN CIPRIÁN Provincia: LUGO
Teléfono
982 594 100
Correo electrónico
escolainfantil@concellodecervo.com

Denominación do centro: ESCOLA INFANTIL DE CERVO

Tipoloxía do centro: CENTRO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

Área: INFANCIA

 

A Escola Infantil Municipal de Cervo sitúase na planta baixa da Casa do Mar de San Ciprián na cal podemos atopar tamén diferentes dependencias que son empregadas para diferentes actividades de carácter social así como ao uso das asociacións veciñais.

Esta é de titularidade municipal dependente e xestionada dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cervo e está financiada ou subvencionada pola Vicepresidencia de Igualdade e Benestar.

No ano 2018 foi ampliada cunha nova aula mixta, o que permitiu incrementar a capacidade do centro en 15 prazas, pasado de 39 a 54.

 

As Escolas Infantís defínense como aqueles equipamentos diurnos de carácter educativo e asitencial, dirixidos ao sector infantil da poboación de ata 3 anos de idade, que teñen por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral dos/das nenos/as, realizando ademais un importante labor de apoio á función educativa da propia familia á vez que facilitan o acceso dos pais ao mundo laboral.

A escola infantil ten como obxecto o de prestar atención e coidado continuado aos/ás nenos/as de entre 3 meses e 3 anos de idade ou ata que inicien o 2º Ciclo de Educación Infantil sen distinción de sexos entre os seus usuarios. A finalidade prioritaria de desenvolver a atención educativa e asistencial establecida para este tramo de idade. Polo tanto, o exercicio que se leva a cabo na Escola Infantil  de cervo corresponde ao 1º Ciclo de Educación Infantil.