Calcúlase que a metade da auga aproveitable está contaminada, sendo a súa depuración unha prioridade para o medioambiente, e en grande medida o futuro do planeta depende de como coidemos este preciado recurso. A auga limpa é vida e prosperidade para as persoas que teñen acceso a ela.
SISTEMA DE PLANTACIÓN E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN
A Universidade Politécnica de Madrid e Macrofitas SL (Hidrolution) levan máis de 10 anos investigando e desenrolando a tecnoloxía de Filtros de Macrofitas en flotación (FMF).
Os procedementos óptimos para converter prantas macrofitas emerxentes en flotantes, e conseguir crear un tapiz fito-remediador libre e en flotación na lámina de auga, foron desenrolados e patentados internacionalmente por Macrofitas SL, como eslabón fundamental da técnica.
Para iso, deseñáronse os innovadores sistemas CRC, ESE, e EFE, denominándose o conxunto Sistema Hidrolution FMF. Desta forma conséguese o óptimo e seguro desenvolvemento do filtro, ampliándose o rango de aplicacións do procedemento a medios ata agora arriscados, o que abre novos campos á depuración e rexeneración das augas contaminadas.
Na actualidade estanse levando a cabo importantes convenios con organismos públicos da auga para certificar as novas aplicación e innovacións da tecnoloxía, destacando pola súa relevancia e excelentes resultados os seguintes campos de investigación:
Tratamento directo de fangos excedentes de EDARs convencionais
Tratamento de verquidos de matadeiros e industrias cárnicas
Tratamento de xurros de granxas porcinas
Evaliación de modelos para augas urbanas
Aforro enerxético producido pola aplicación combinada do sistema Hidrolution dentro de EDARs de Fangos activos.
ESQUEMA DE FUNCIONAMENTO
O sistema Hidrolution FMF, comparado coas tecnoloxías convencionais, supón unha revolución nos sistemas de tratamentos de auga, xa que fai realmente posible a sostenibilidade medioambiental e económica da rexeneración das augas residuais. Non debe confundirse o sistema Hidrolution FMF cos filtros verdes convencionais, xa que o novo sistema non sofre a progresiva colmatación, e ademais multiplica ata por 10 veces o rendemento do filtro.
VENTAXAS DIFERENCIAIS
1. SEN GASTO ENERXÉTICO (SOL+PLANTAS)
2. BAIXO MANTEMENTO, REDUCÍNDOSE A LABORES FITOSANITARIAS
3. ELIMINACIÓN EFICIENTE DE FANGOS
4. AUSENCIA DE MALOS OLORES E RUÍDOS
5. MÍNIMA E ECONÓMICA OBRA CIVIL
6. REXENERACIÓN DE EFLUENTES MELLOR QUE AUTORIZACIÓN DE VERQUIDOS (REDUCCIÓN DO 90% EN DBO,DQO,SS,ST E N)
7. AS DEPURADORAS HIDROLUTION FMF CUNHA AXEITADA INTEGRACIÓN PAISAXÍSTICA TRANSFÓRMANSE EN ESPAZOS DE GRANDE RIQUEZA MEDIOAMBIENTAL, E XERADORES DE NOVOS NICHOS ECOLÓXICOS.
8. ESPECIAL TOLERANCIA FRONTE A DIFERENTES CONDICIÓNS DE TRATAMENTO E CAUDAL
9. SEGURIDADE DE IMPLANTACIÓN COS NOVOS SOPORTES HIDROLUTION CRC, ESE E EFE
10. SEN PEGADA ECOLÓXICA E SUMIDOIRO DE METANO (CH4=25 X CO2)