O CONCELLO DE CERVO FELICITA A MARÍA ADELA ROUCO, NO SEU 101 ANIVERSARIO
Con motivo desta data tan sinalada, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a súa casa en Viladesuso para felicitala persoalmente e facerlle entrega dun ramo de flores en nome de toda a veciñanza.
Este domingo foi un día moi especial para María Adela Rouco Basanta, veciña de Viladesuso, que celebrou nada menos que 101 anos de vida.
Unha muller entrañable, sempre cun sorriso, moi querida por todas as persoas que teñen a sorte de coñecela.
Con motivo desta data tan sinalada, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a súa casa en Viladesuso para felicitala persoalmente e facerlle entrega dun ramo de flores en nome de toda a veciñanza.
Ademais, agasallouna cunha fotografía de recordo da visita que lle fixera o pasado ano, cando María Adela celebrou o seu centenario.
Un pequeno detalle para celebrar de novo unha vida chea de historias, experiencias e momentos compartidos.
Moitas felicidades, María Adela! Por moitos anos máis, cheos de saúde e agarimo!