O CONCELLO DE CERVO PRESENTA UN ORZAMENTO PARA 2018 NIVELADO EN GASTOS E INGRESOS E QUE ASCENDE A 7.075.028,97 EUROS
- As cifras foron expostas á Corporación Municipal na Comisión de Facenda que tivo lugar no día de hoxe
- Villares destacou a partida de investimentos reais de preto dun millón de euros “para seguir a traballar por achegar aos nosos veciños aqueles servizos esenciais que melloran a súa calidade de vida; como a renovación da rede de abastecemento ou o saneamento á zona rural”
- O rexedor tamén apuntou que aproximadamente o 40% do orzamento vai dirixido á partida de gastos de persoal “froito da aposta do grupo de Goberno por ofrecer aos nosos veciños servizos maioritariamente públicos, xestionados dende o propio Concello”
O Concello de Cervo, a través do alcalde, Alfonso Villares e da edil de Facenda, Dolores García Caramés, presentou os orzamentos do 2018 a toda a Corporación Municipal durante a Comisión de Facenda, que tivo lugar no día de hoxe.
Tal e como apuntou Villares, trátase dunha cifra nivelada entre os ingresos e gastos que ascende a 7.075.028,97 euros.
O rexedor destacou a partida dirixida a gastos de persoal, por exemplo, que é de 2.858.313,51 euros; aproximadamente un 40% do orzamento, “o que é boa mostra da aposta deste equipo de Goberno por ofrecer aos nosos veciños servizos maioritariamente públicos, xestionados integramente dende o propio Concello”
Villares resaltou así mesmo o apartado de investimentos reais; ao que tamén diriximos unha contía importante que ascende a case un millón de euros “porque a nosa intención é seguir esa liña que vimos marcando nestes últimos anos co fin de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, investindo naquelas infraestruturas esenciais que moitas veces non se ven, como as melloras na rede de abastecemento ou o achegarmento do saneamento aos núcleos rurais; dotándoos de servizos de calidade para os seus habitantes, e coas que tamén tentamos favorecer o asentamento de nova poboación nas nosas aldeas”.
Seguimos así mesmo –engadiu- apostando pola dinamización e activación social no noso municipio, dirixindo unha aportación importante a aqueles apartados que consideramos esenciais como son a educación, a cultura, os servizos sociais ou mesmo o turismo, no noso municipio.
Pretendemos polo tanto con estes orzamentos que vimos de presentar proseguir ese camiño inversor que vimos marcando dende vai anos, prestando especial atención a dar resposta ás necesidades e demandas dos nosos veciños.
Avaliación dos ingresos
A) OPERACIÓNS CORRENTES. | 6.904.565,35 € |
1. IMPOSTOS DIRECTOS. | 2.978.394,36 € |
2. IMPOSTOS INDIRECTOS. | 40.000,00 € |
3. TAXAS E OUTROS INGRESOS | 2.416.684,37 € |
4. TRANSFERENCIAS CORRIENTES | 1.454.604,33 € |
5. INGRESOS PATRIMONIAIS | 14.882,29 € |
B) OPERACIÓNS DE CAPITAL | 170.463,62 € |
6. ENAXENACIÓN INVERSIONS REAIS | 0,00 € |
7. TRANSFERENCIAS DE CAPITAL | 170.463,62 € |
8. ACTIVOS FINANCIEIROS | 0,00 € |
9. PASIVOS FINANCIEROS | 0,00 € |
TOTAL | 7.075.028,97 € |
Avaliación de gastos
A) OPERACIÓNS CORRENTES. | 5.872.403,65 € |
I. GASTOS DE PERSOAL | 2.858.313,51 € |
II. GASTOS BENS CORRENTES E SERV. | 2.570.910,14 € |
III. XUROS. | 9.000,00 € |
IV. TRANSFERENZAS CORRENTES. | 349.180,00 € |
V. FONDO CONTINXENCIA | 85.000,00 € |
B) OPERACIÓNS DE CAPITAL. | 1.202.625,32 € |
VI. INVESTIMENTOS REAIS. | 936.463,62 € |
VII. TRANSFERENZAS DE CAPITAL | 0,00 € |
VIII. ACTIVOS FINANCIEIROS | 0,00 € |
IX. PASIVOS FINANCIEIROS | 266.161,70 € |
TOTAL | 7.075.028,97 € |