O CONCELLO DE CERVO ORGANIZA XUNTO A PACO PIÑEIRO UN ACTO HOMENAXE PARA CONMEMORAR O CENTENARIO DAS ESCOLAS DE CERVO

                     

  • Será o sábado 30 de decembro, nas propias Escolas, onde terá lugar a presentación da Crónica histórico-literaria da Parroquia de Santa María de Cervo, un manual sobre a que leva meses traballando Paco Piñeiro, que será editado polo Concello
  • O autor do libro propón a inclusión de fotografías colectivas dos diferentes núcleos de poboación pertencentes a este distrito escolar, e para elo cítase aos veciños que desexen participar para este domingo, 26 de novembro

O Concello de Cervo, conxuntamente con Paco Piñeiro, está a organizar un acto homenaxe con motivo do Centenario das Escolas de Cervo.

Así, para conmemorar esa efeméride, Paco Piñeiro, leva meses traballando na creación da Crónica Histórico-Literaria da Parroquia de Santa María de Cervo.

Un libro que será editado polo Concello de Cervo, e que será presentado nun acto aberto ao público o mesmo día do Centenario.

Tal e como apuntou Villares, “eu xa tiven a oportunidade de poder ver un esbozo do gran traballo que está a facer Paco, e que será sen dúbida un manual imprescindible en cada fogar cervense  porque é unha extraordinaria recomplación que abrangue o pasado, pero que tamén pretende recoller referencias ao noso presente; e por iso Paco Piñeiro tamén propuxo a inclusión neste manual de fotografía colectivas dos núcleos de poboación pertencentes ao distrito escolar de Cervo Sargadelos”.

Así, tal e como sinalou o rexedor, convocamos aos veciños que desexen participar nesta instántanea recordatorio para este domingo 26 de novembro, a partir das 11:00 horas. Foi o propio Paco Piñeiro –engadiu-, o que, acompañado por persoal do Concello, lle fixo chegar casa por casa a invitación a cada veciño.

 O itinerario marcado para este domingo é o seguinte:

·        Figuerido (Igrexa): 11:00 horas

·        Paraño (Capela): 11:20 horas

·        Sargadelos (Igrexa): 11:40 horas

·        Senra (Capela): 12:00 horas

·        Viladesuso (Fonte): 12:20 horas

·        Espiñerido/Casas Novas: 11:20 horas

·        Cuíña (Penido): 11:40 horas

·        Rueta (Fontao): 12:00 horas

·        Cervo (Praza do Souto): 12:20 horas

·        Daián (Casa Arnaú): 13:00 horas

O Concello de Cervo e Paco Piñeiro están a traballar no programa de actos que se desenvolverá ese día 30 de decembro; no que tamén se contempla a inauguración dunha exposición de fotografías antigas. Todas aquelas persoas que queiran ver as súas instantáneas na mostra poden facérnolas chegar ao Concello ou poñerse en contacto co propio Paco Piñeiro o domingo, cando se fagan as fotografías colectivas.