A SALA DE MOSTRAS DA CASA DA CULTURA ACOLLE A MOSTRA CONECTA CO MAR. O MAR É VIDA

A exposición da asociación Saúde Mental A Mariña, inaugurouse este xoves, coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental

Que bonito ver este espazo municipal cheo de vida, de talento e creatividade.

Moitas grazas á asociación Saúde Mental A Mariña por compartir con nós a súa exposición "𝗖𝗼𝗻𝗲𝗰𝘁𝗮 𝗰𝗼 𝗠𝗮𝗿. 𝗢 𝗺𝗮𝗿 𝗲́ 𝘃𝗶𝗱𝗮" que se inauguraba este xoves, 10 de outubro, coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, e que se poderá visitar durante todo o mes na sala de mostras da Casa da Cultura, recentemente renovada.Durante o acto, que se desenvolveu na Praza Nardo Martínez, a alcaldesa, Dolores García Caramés, quixo poñer o foco sobre a importancia de marcar no calendario datas como a deste 10 de outubro, porque a saúde mental é un tema que nos ten que ocupar e preocupar a todos e puxo en valor unha vez máis o traballo da asociación, que desde as dúas unidades residenciais que ten en Cervo, proporciona un espazo seguro, e consigue crear sentido de comunidade envexable.

 Convidando a veciños e visitantes a que se acheguen ata a Casa da Cultura para ver en primeira persoa as habilidades e destrezas da familia de Saúde Mental A Mariña, que nunha deixan de sorprendernos. Nesta ocasión, ademais, baixo o paraugas da temática mariñeira, coa que tanto nos identificamos.

O seu labor axuda a fomentar a comprensión, e a derribar os muros de silencio que ás veces rodean estes temas.

Un proxecto levado a cabo tamén grazas ó #GalpAMariñaOrtegal

Parabéns!