A PRAZA DO SOUTO SERÁ O ESCENARIO ESTE SÁBADO DO TRADICIONAL MERCADO DE NADAL

A cita, organizada pola asociación Ariños do Xunco coa colaboración do Concello, contará con postos de alimentación, de artesanía, moita música e sorteos entre o público asistente 

O evento arrincará ás 10:00 horas e prolongarase durante toda a xornada cunha edición especial da Ruta de Petiscos Cevo-Sargadelos desde o mediodía

Ese mesmo día ás 19.00 horas, entregaranse os premios do Concurso de Postais de Nadal convocado polo Concello, será ás 19:00 horas, cando dará comezo unha actuación dirixida ao público infantil

A Praza do Souto será este próximo sábado, 14 de decembro, o escenario do tradicional Mercado de Nadal, organizado pola asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita arrincará ás 10 da mañá e prolongarase durante toda unha xornada na que se darán cita diferentes postos de alimentación e artesanía, e haberá moita animación musical e tamén sorteos entre o público asistente.

Ademais, tamén está prevista unha edición especial da Ruta de Petiscos Cervo-Sargadelos xa desde o mediodía, con tapas elaboradas na Sacabeira, na Taberna de Sargadelos, no Almacén e no Caseto de Copa, a un prezo de 2,5 euros.

Durante o Mercado tamén está prevista a entrega de premios do certame de postais de Nadal. A convocatoria será ás 19:00 horas, e a continuación haberá unha actuación infantil pensada para desfrutar en familia: Historias dun mundo grande, protagonizadas pola cadeliña Becki que nos contará as súas viaxes e vivencias desde a súa biblioteca.

O Concello de Cervo anima a veciños e a visitantes a participar neste Mercado de Nadal que é o pistoletazo de saída para un programa repleto de actos para todos os públicos, en colaboración coas diferentes asociación do Concello.

Este mercado é unha oportunidade única para pasar o día en familia e entre amigos nunha contorna espectacular como é a Praza do Souto e a Aldea de Cervo.