AS PISTAS DE ATLETISMO DA VEIGA SERÁN O ESCENARIO DA VI CARREIRA POPULAR MARUXAINA O SÁBADO 18 DE XULLO
A cita deportiva, puntuable para o circuíto de carreiras Duacode Run Foz Run, está organizada polo Club Deportivo San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo
As inscricións están abertas en www.sportmaniacs.com
As pistas de atletismo da Veiga serán o escenario da VI Carreira Popular Maruxaina, o sábado, 18 de xullo, da man do Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita deportiva, puntuable para o circuíto de carreiras Duacode Run Foz Run, foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo presidente do club Eduardo Rubal, e pola adestradora e atleta, Olga Vicente na propia instalación na que se celebrará o evento a partir das 11:00 horas,
sobre un circuíto de 200 m para pitufos, 500 m para benxamìns, 1000 metros para alevíns, 1609 metros para infantís e cadetes e de 5000 metros para a proba absoluta; con saída e meta nas instalacións deportivas da Veiga, e que transcorrerá por un circuíto mixto, polas rúas de San Ciprián e o paseo do Torno.
As persoas interesadas en participar aínda se poden inscribir a través da ligazón https://sportmaniacs.com/.../vi-carreira-popular-maruxaina nas diferentes categorías.
A alcaldesa anima tanto aos atletas afeccionados como aos profesionais a participar nesta carreira, destacando que "é unha ocasión única para gozar dunhas instalacións deportivas privilexiadas e para descubrir o noso litoral desde unha perspectiva diferente, combinando deporte, natureza e patrimonio".
Así mesmo, subliña que "esta proba vai moito máis alá da competición deportiva. É unha oportunidade para compartir unha xornada de convivencia, promover hábitos de vida saudables e seguir poñendo en valor a riqueza natural, paisaxística e cultural do noso concello”.