O CONCELLO DE CERVO SEDE DE DIFERENTES COMPETICIÓNS DE ARTES MARCIAIS

 Tanto o Campionato de Aninovo de Nihon Tai-Jitsu como o Curso de Kung Fu – Taiji Quan Wudang foron todo un éxito, e agardamos que todas as persoas asistentes desfrutasen do noso concello tanto dentro como fóra das instalacións deportivas.

A pasada fin de semana Cervo foi sede de importantes eventos deportivos e formativos relacionados coas martes marciais, reunindo a deportistas e participantes chegados de distintos puntos.

 Desde o Concello de Cervo queremos agradecer á organización o seu traballo e implicación, cun recoñecemento especial a Miguel Angel Rojo Darriba pola súa dedicación e profesionalidade.

 Tanto o Campionato de Aninovo de Nihon Tai-Jitsu como o Curso de Kung Fu – Taiji Quan Wudang foron todo un éxito, e agardamos que todas as persoas asistentes desfrutasen do noso concello tanto dentro como fóra das instalacións deportivas.

Cervo sempre será unha casa aberta ao deporte, e esperamos volver acoller novas actividades coma estas moi pronto.