O CONCELLO DE CERVO REFORMA O CADRO DE PERSOAL CUN MONITOR DE TEMPO LIBRE

A contratación susténtase nunha axuda por importe de 16.380 euros,  confinanciados polo pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027

O Concello de Cervo recibiu unha axuda por importe de 16.380,09 €, ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciados polo pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, para a contratación de 1 monitor de tempo libre, a xornada completa durante 9 meses, para colaborar nas actividades de dinamización cultural do Concello de Cervo

monitor