O CONCELLO DE CERVO RECIBIU UNHA AXUDA DA XUNTA DE GALICIA PARA OS PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN FAMILIAR
Precisamente, a edición de verán de *Cervo Concilia* arrincou este mesmo luns con preto de 150 crianzas inscritas, unha cifra que evidencia a importancia e a utilidade deste servizo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
O Concello de Cervo vén de obter unha subvención de 55.000 euros da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, para apoiar os programas municipais de conciliación e as accións de promoción da igualdade.
Esta achega permitirá contribuír ao financiamento de iniciativas xa plenamente consolidadas e moi necesarias para as familias do municipio, como *Cervo Concilia*, *Cervo Madruga* e *Brincos de Lecer coa Ra Ramira*, que ano tras ano contan cunha ampla participación e unha excelente acollida.
Precisamente, a edición de verán de *Cervo Concilia* arrincou este mesmo luns con preto de 150 crianzas inscritas, unha cifra que evidencia a importancia e a utilidade deste servizo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
Ademais, os fondos permitirán desenvolver accións formativas e de sensibilización en materia de igualdade, reforzando o compromiso municipal coa creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Desde o Concello de Cervo seguimos apostando por programas que dan resposta ás necesidades reais das familias cervenses e que contribúen ao seu benestar e á conciliación.
O Concello quere trasladar o seu agradecemento á Xunta de Galicia e á Consellería de Política Social e Igualdade por este apoio, que permite continuar fortalecendo uns servizos fundamentais para a veciñanza.