O CONCELLO DE CERVO, PUNTO DE PARTIDA DA TERCEIRA ETAPA DO CAMIÑO DO MAR
Este domingo os peregrinos gozaron dunha xornada fantástica en contacto coa natureza, da convivencia e dun itinerario que pon en valor o noso territorio.
Este domimgo a terceira etapa do Camiño Gastronómico do Mar, tivo como punto de partida o noso concello, en concreto o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
Alí, a alcaldesa Dolores García Caramés e e os edís Alfredo Fernández e Adrián Arias selaron as credenciais dos peregrinos aos que tamén acompañaron na súa parada en San Ciprián.
Unha xornada fantástica para gozar da natureza, da convivencia e dun itinerario que pon en valor o noso territorio.
Bo camiño a todas e todos.