O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA DIFERENTES ACTIVIDADES CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O acto central, en colaboración con Mujeres en igualdad Cervo, terá lugar o luns 25 de novembro, ás 19:00 horas, na Praza Nardo Martínez, en San Ciprián

Será un acto solidario baixo  o título “Unha vela por ti” e a recadación das velas que se merquen alí irá destinada á vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de Xénero con enfermidade mental, da asoc. Saúde Mental A Mariña.

Ademais esa fin de semana, o sábado 23 de novembro, terá lugar un taller gratuíto de fotografía de Luz Negra a cargo de Diana Fajardo, para crianzas e persoas adultas, a inscrición pode facerse xa na Casa da Cultura no 982 59 51 57

O domingo, 24 de novembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura, farase o visionado dos traballos do taller e terá lugar a inauguración da mostra “Queremos Ser Libres”, de Diana Fajardo

O Concello de Cervo programa diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.

Ese mesmo día, luns 25, terán lugar os actos centrais concentrados na Praza Nardo Martínez, en San Ciprián. Así, ás 19:00 horas celebrarase o acto solidario “Unha vela por ti”, en colaboración coa asociación Mujeres en Igualdad Cervo. As persoas asistentes poderán adquirir alí mesmo velas como xesto simbólico, e a recadación irá integramente destinada para a vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental, da asoc. Saúde Mental A Mariña.

A axenda de actos completarase esta mesma fin de semana. Así o sábado 23 de novembro terá lugar un taller de fotografía de luz negra na Casa da Cultura, impartido por Diana Fajardo.

Será en dúas quendas, en horario de 17:00 a 19:00 horas, para as crianzas de 10 a 16 anos; e de 19:15 a 21:15 horas, para as persoas adultas. As inscricións poden realizarse na Casa da Cultura, no teléfono 982 59 51 57. As persoas asistentes que o desexen poden levar a súa cámara fotográfica ao obradoiro.

Xa o domingo 24 ás 12:00 horas está previsto o visionado dos traballos do taller na Casa da Cultura e tamén a inauguración da mostra fotográfica “Queremos ser Libres”, de Diana Fajardo, que se poderá visitar ata o 22 de decembro.

O Concello de Cervo de Cervo convida a veciños e visitantes a participar nestes actos para poñer tamén o foco sobre a lacra da violencia de xénero, un problema colectivo que nos concirne á toda a sociedade no seu conxunto.