O CONCELLO DE CERVO PRESENTE EN FITUR

A rexedora está a compartir con visitantes e profesionais do sector todo o que Cervo pode ofrecer: paisaxes espectaculares , un rico contraste entre a costa e o interior , patrimonio histórico e cultural  e unha aposta firme por un modelo de turismo sostible e de calidade, entre outros moitos atractivos.

O Concello de Cervo está presente estes días en FITUR da man da alcaldesa, Dolores García Caramés, que está a presentar o municipio como un destino único na Mariña , onde natureza, creatividade e innovación van da man.

A rexedora está a compartir con visitantes e profesionais do sector todo o que Cervo pode ofrecer: paisaxes espectaculares , un rico contraste entre a costa e o interior , patrimonio histórico e cultural  e unha aposta firme por un modelo de turismo sostible e de calidade, entre outros moitos atractivos.

Ademais, un dos eixos da súa presenza na feira é a promoción do proxecto Coworking Azul Cobalto  un espazo singular que se situará nun enclave histórico e natural incomparable, concibido para atraer nómadas dixitais, talento, profesionais creativos e empresas que buscan traballar nun entorno inspirador, na Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras .

Na Feira Internacional de Turismo, a alcaldesa está a manter encontros con diferentes axentes do sector do coworking, abrindo novas vías de colaboración e dando a coñecer as oportunidades que ofrece Cervo como lugar para emprender, crear e vivir.

Cervo preséntase así en FITUR como un destino para crear e para construír futuro, combinando identidade, tradición e innovación.