O CONCELLO DE CERVO MELLORA A REDE VIARIA NA PARROQUIA DE RÚA

Mellora camiños en Rúa

A obra de acondicionamento destes camiños foi cofinanciada pola Xunta de Galicia con fondos AGADER e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural  (FEADER) e supón un investimento de algo máis de 25.000 euros

 

O Concello de Cervo acomete estes días traballos de mellora de distintas arterias de comunicación na parroquia de Rúa.

En concreto, estase a actuar nun tramo de 745 metros lineais cuxa superficie total ascende a 2.831 m².

A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata a zona para ver in situ a actuación, acompañada polo pedáneo de Rúa, Ramón Elemparte, e que supón unha mellora da rede viaria desta parroquia e que está cofinanciada pola Xunta de Galicia, con fondos AGADER dentro do Plan Marco de Melloras de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural  (FEADER);  que supuxo un investimento de algo máis de 25.000 euros               -25.771,33 euros concretamente-.

Caramés apuntou que a actuación servirá para mellorar o firme destes camiños para axeitalos ás características do tráfico rodado que soportan estas pistas que sufrían un importante deterioro polas condicións climatolóxicas ás que foron sometidas; e tamén está prevista a mellora da seguridade viaria coa instalación de elementos de sinalización vertical.

A alcaldesa volveu poñer en valor este tipo de obras coas que pretendemos equilibrar os servizos das zonas rurais e urbanas, conseguindo unhas aldeas máis seguras, accesibles e confortables para o día a día da veciñanza, e tamén como un impulso para favorecer o establecemento de novas familias nestas zonas.

Cartel obra Rúa