O CONCELLO DE CERVO FELICITA A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DO BURGO DE TRASBAR POLOS SEUS 15 ANOS

Ao longo destes anos, demostrastes ser un exemplo de traballo, compromiso e dinamismo, Grazas á vosa implicación, Trasbar é hoxe un lugar máis vivo, participativo e unido.

Dende o Concello de Cervo queremos trasladar a nosa máis sincera felicitación á Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar polo seu 15º aniversario 

Ao longo destes anos, demostrastes ser un exemplo de traballo, compromiso e dinamismo, Grazas á vosa implicación, Trasbar é hoxe un lugar máis vivo, participativo e unido.

Queremos poñer en valor todo o que representades e o moito que aportades, non só á vosa contorna máis próxima, senón ao conxunto do Concello.

Dende o Concello reiteramos o noso compromiso de seguir ao voso carón, apoiando cada iniciativa e proxecto, porque sodes unha peza fundamental para o desenvolvemento social e cultural de Cervo.

Parabéns por estes 15 anos…e a seguir sumando! e graciñas polo convite á celebración!