O CONCELLO DE CERVO FELICITA AOS ARQUEIROS DO CLUB DE TIRO CON ARCO IADOVI
Dous bronces no Campionato Galego e dous podios na Liga Galega que reflicten o traballo, a constancia e o compromiso destes deportistas, así como o excelente labor do Club de Tiro con Arco Iadovi, auténtico embaixador do deporte cervense.
Parabéns aos arqueiros do Club de Tiro con Arco Iadovi
O Concello de Cervo quere felicitar a Santiago González Villares e Jorge Álvarez Amor polos excelentes resultados acadados no Campionato Galego e no quinto torneo da Liga Galega de tiro con arco en modalidade de sala, celebrados en Corme.
Santiago González Villares proclamouse campión da Liga Galega, culminando unha tempada brillante, e acadou ademais a medalla de bronce no Campionato Galego, demostrando unha vez máis o seu enorme nivel competitivo.
Jorge Álvarez Amor pechou a liga como subcampión galego na súa categoría e sumou tamén unha medalla de bronce no Campionato Galego, nunha competición de máximo nivel e gran igualdade.
Dous bronces no Campionato Galego e dous podios na Liga Galega que reflicten o traballo, a constancia e o compromiso destes deportistas, así como o excelente labor do Club de Tiro con Arco Iadovi, auténtico embaixador do deporte cervense.
Moitos parabéns aos dous e moita sorte nos vindeiros retos deportivos!