O CONCELLO DE CERVO ENTREGA OS PREMIOS DO CERTAME DE FOTOGRAFÍA CERVO RESPECTA

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, entregaron os premios do XIV Concurso Fotográfico de Medio Ambiente Cervo Respecta, no Parque Reina Sofía.

O certame contou coa participación de 44 instantáneas cun grandísimo nivel; pero o xurado coincidiu en premiar a:

- Anxo Cao co primeiro premio pola súa foto Cea ao atardecer, con 58 puntos

- Germán Paleo co segundo premio pola súa foto Esfinge Colibrí, con 57 puntos

- O TOP Cervo, á mellor fotografía na que se indentificaba claramente unha paraxe do noso Concello tamén foi para Germán Paleo, pola instantánea A Ponte do Bao, con 49 puntos, coa que fixo doblete.

Parabéns a Anxo e a Germán e moitas grazas a todas as persoas que participaron e que quixeron compartir con nós o seu talento a través da óptica.