O CONCELLO DE CERVO DIFUNDE A CAMPAÑA DIDÁCTICA COMER CON XEITO

Neste mes de maio, a nosa proposta céntrase no peixe como superalimento e na cereixa como froita protagonista.

Como sabedes, no Concello de Cervo temos en marcha a campaña “Misión Comer con Xeito”, unha iniciativa educativa coa que buscamos fomentar hábitos de alimentación saudables entre os máis pequenos e pequenas 

Cada mes achegamos novos contidos didácticos á Escola Infantil Municipal e tamén ao Cervo Madruga, destacando alimentos de tempada e os seus beneficios dunha forma divertida e próxima para as crianzas.

Neste mes de maio, a nosa proposta céntrase no peixe como superalimento e na cereixa como froita protagonista.

 Compartimos os dípticos educativos deste mes, cos que seguimos facendo do comedor e da alimentación unha oportunidade para aprender, medrar e compartir bos hábitos tanto na escola como no fogar.

COMER CON XEITO