O CONCELLO DE CERVO DEU COMEZO A UNHA NOVA EDICIÓN DE CERVO CONCILIA NO NADAL
Este luns arrincou o programa, coincidindo coas vacacións escolares, cunha participación de máis de medio cento de nenos e nenas, confirmando unha vez máis a boa acollida desta iniciativa de apoio á conciliación das familias do noso concello.
As crianzas de Cervo Concilia xa están a desfrutar a tope das actividades de Nadal do Concello de Cervo.
Este luns arrincou o programa, coincidindo coas vacacións escolares, cunha participación de máis de medio cento de nenos e nenas, confirmando unha vez máis a boa acollida desta iniciativa de apoio á conciliación das familias do noso concello.
Hoxe e mañá, a diversión está á na Praza dos Campos, onde haberá:
Tren de Nadal
Downhill Rollerball Actividades abertas a todo o público en horario de 16:00 a 19:00 horas.
Dende o Concello seguimos apostando por programas como Cervo Concilia, que combinan lecer, educación e apoio ás familias, especialmente en períodos vacacionais.