O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A ASISTIR Á XVI FESTA DE EXALTACIÓN DA CARNE DO PORCO

A cita, organizada pola asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello, será este sábado, 21 de xuño, na Praza do Souto

Desde o mediodía haberá ademais degustación de tapas variadas da man da hostelaría de Cervo e Sargadelos (Caseto de Copa, Almacén, Taberna de Sargadelos, e A Sacabeira)

Ás 20:00 horas está prevista a exaltación da costela de porco con racións a 7 euros e tamén haberá animación musical

O Concello de Cervo acollerá o próximo sábado, 21 de xuño a XVI Festa de Exaltación da carne do porco na Praza do Souto, e tamén nos diferentes locais de hostalería de Cervo e Sargadelos.

A rexedora, Dolores García Caramés, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, xunto con representantes da A.C. Airiños do Xunco, presentaron o evento na Praza do Souto, que organiza este colectivo coa colaboración do Concello de Cervo.

Ese día, desde o mediodía a hostelería de Cervo e Sargadelos servirá diferentes racións cuxo denominador común será a carne de porco.

Os locais participantes son:

  • O Caseto de Copa, con volováns recheos de raxo e cogomelos e albóndegas con tomate

  • O Almacén, con callos e pastel salgado

  • A Taberna de Sargadelos, con orella e rabo con patacas

  • A Sacabeira, con chourizos á sidra e torresmos de Soria

Xa ás 20:00 horas dára comezo a festa de exaltación con racións de costela, chourizo, pan e viño, a un prezo de 7 euros, na Praza do Souto.

Ademais sortearase un “cochinillo” durante o día e haberá animación musical.

A alcaldesa Dolores García Caramés, destacou que esta festa é xa un referente no caledario cultural e gastronómico do Concello, grazas ao traballo de Airiños do Xunco “que este ano ademais cumple nada máis e nada menos que medio século de vida” e quixo animar a veciños e visitantes a achegarse ata Cervo nese día para saborear os produtos da nosa terra, e tamén a descubrir as diferentes propostas que ofrecerán os locais.