O CONCELLO DE CERVO CONVIDA A ASISTIR Á XV FESTA DE EXALTACIÓN DA CARNE DO PORCO

A cita, organizada pola asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello, será este sábado, 15 de xuño, na Praza do Souto

Desde o mediodía haberá ademais degustación de tapas variadas da man da hostalaría de  Cervo e Sargadelos (Caseto de Copa, Almacén, Taberna de Sargadelos, e A Sacabeira)

Ademais, á noitiña, terá lugar un guateque de Arruguiñas a partir das 22:00 horas, na Praza do Souto, da man de DJ Ovo

A lectura do pregón está prevista para as 19:30 horas, a continuación será a exaltación da costela de porco con racións a 7 euros 

A rexedora, Dolores García Caramés, xunto con representantes da A.C. Airiños do Xunco, presentaron a XV Festa de exaltación da carne de porco que terá lugar este próximo sábado, 15 de xuño.

Ese día, desde o mediodía a hostelería de Cervo e Sargadelos servirá diferentes racións cuxo denominador común será a carne de cocho.

Os locais participantes son:

  • O Caseto de Copa, con fígado encebolado e morro á feira
  • O Almacén, con lacón asado e hamburguesa Nacha Pop
  • A Taberna de Sargadelos, con raxo e torresmos
  • A Sacabeira, con orella á feira e costela ao forno caramelizada

Ás 19.30 horas está prevista a lectura do pregón que dará paso á festa de exaltación con racións de costela, chourizo, pan e viño, a un prezo de 7 euros, na Praza dos Souto.

Ademais sortearase un “cochinillo” durante o día.

Como broche de ouro da Festa, terá lugar un guateque do programa Arruguiñas, a partir das 22:00 horas, protagonizado por DJ Ovo, na Praza do Souto.

O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a asistir a esta Festa xa tradicional en Cervo que vai pola XV edición.