O CONCELLO DE CERVO CONTINÚA COA MISIÓN COMER CON XEITO
Neste mes de xullo, a nosa proposta céntrase no arando como froita protagonista e na cabaciña como alimento estrela, dous produtos de tempada, cheos de sabor e propiedades beneficiosas para unha alimentación equilibrada durante o verán.
No Concello de Cervo seguimos avanzando coa campaña "Misión Comer con Xeito", unha iniciativa educativa coa que promovemos hábitos de alimentación saudables entre os máis pequenos e pequenas.
Cada mes achegamos novos contidos didácticos á Escola Infantil Municipal poñendo en valor os alimentos de tempada e os seus beneficios dunha maneira divertida, práctica e adaptada ás crianzas.
Neste mes de xullo, a nosa proposta céntrase no arando como froita protagonista e na cabaciña como alimento estrela, dous produtos de tempada, cheos de sabor e propiedades beneficiosas para unha alimentación equilibrada durante o verán.
Compartimos os dípticos educativos deste mes, cos que seguimos convertendo o comedor e a alimentación nunha oportunidade para aprender, medrar e incorporar bos hábitos tanto na escola como no fogar.