O CONCELLO DE CERVO COLABORA CO PROGRAMA ‘EDUCANDO EN FAMILIA’, DIRIXIDO ÁS FAMILIAS CON NENOS E NENAS DE 0 A 6 ANOS

educando en familia

O Concello de Cervo colabora un ano máis co programa ‘Educando en familia’, unha iniciativa dirixida ás familias con fillos e fillas de entre 0 e 6 anos que busca ofrecer acompañamento, orientación e ferramentas para afrontar esta primeira etapa educativa e familiar.

O xoves, 24 de setembro, ás 17:00 horas, celebrarase unha reunión informativa no Salón de Actos da Casa do Concello, na que as familias poderán coñecer de primeira man o funcionamento do programa e resolver todas as súas dúbidas.

O Concello de Cervo colabora un ano máis co programa ‘Educando en familia’, unha iniciativa dirixida ás familias con fillos e fillas de entre 0 e 6 anos que busca ofrecer acompañamento, orientación e ferramentas para afrontar esta primeira etapa educativa e familiar.

Na presentación participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e Fany e Erika, de Educando en familia, que deron a coñecer os obxectivos e as diferentes propostas que contempla este programa.

‘Educando en familia’ desenvolverase os xoves alternos, con actividade tanto no CEIP de Cervo como no CEIP Península da Paz, ofrecendo ás familias un espazo próximo no que compartir experiencias, resolver dúbidas e acceder a orientación e asesoramento especializado.

Entre as propostas figuran espazos educativos semanais, xuntanzas e obradoiros temáticos, asesoramento e intervención pedagóxica, servizos de orientación educativa personalizada, actividades lúdicas e participación en programas de radio, ademais de recursos telemáticos que contribúan ao desenvolvemento dos nenos e nenas.

O programa prestará tamén especial atención á adaptación paulatina das familias aos centros escolares, acompañándoas neste proceso de transición e facilitándolles recursos para afrontalo con maior seguridade e confianza.

Co obxectivo de chegar directamente ás familias destinatarias, desde o Concello de Cervo enviáronse cartas informativas a todas as familias cervenses con nenos e nenas de entre 0 e 6 anos, convidándoas a participar nesta reunión e a coñecer esta nova proposta, que irán chegando aos domicilios nos vindeiros días.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou a importancia de “acompañar ás familias desde os primeiros anos, ofrecéndolles recursos e apoio nunha etapa tan importante como é a primeira infancia”.

“Desde o Concello queremos seguimos apoiando iniciativas que están realmente pegadas ás necesidades das nosas familias. ‘Educando en familia’ ofrece un espazo de acompañamento, orientación e intercambio de experiencias que pode ser moi útil no día a día”, sinalou a rexedora.

García Caramés animou a todas as familias destinatarias a participar na reunión do día 24: “Invitamos ás familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos a achegarse, coñecer o programa e participar. É unha oportunidade para compartir, aprender e contar con apoio profesional neste importante proceso educativo”.

Para máis información, as familias poden contactar a través do teléfono 696 315 098.