O CONCELLO DE CERVO COLABORA CO CIT DE SAN CIPRIÁN NA ORGANIZACIÓN DUNHA NOVA EDICIÓN DO DÍA DO TURISTA QUE SE CELEBRARÁ O SÁBADO 1 DE AGOSTO

O evento celebrarase este próximo sábado 1 de agosto e ofrecerá un completo programa de actividades dirixidas a públicos de todas as idades, co obxectivo de dinamizar a vila, e favorecer a convivencia entre veciñanza e visitantes.

O Concello de Cervo acollerá a celebración do Día do turista o vindeiro sábado 1 de agosto, organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de San Ciprián coa colaboración da administración local.

Na presentación da xornada participaron a alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, e membros da directiva do CIT, entidade promotora desta cita estival.

O evento celebrarase este próximo sábado 1 de agosto e ofrecerá un completo programa de actividades dirixidas a públicos de todas as idades, co obxectivo de dinamizar a vila, e favorecer a convivencia entre veciñanza e visitantes.

A programación arrancará cunna actividade de castelos na area, na Praia do Torno, cuxa inscrición se pode facer alí mesmo entre as 11:00 e as 11:30 da mañá;

seguida dunha comida-degustación de salpicón de bonito na sede do CIT, ás 14:30 horas.

Xa pola tarde haberá pintacaras na Praza dos Campos ás 17:00 horas e,

 como broche final, celebrarase o desfile e concurso de Entroido de Verán, amenizado con música a cargo dun DJ a partir das 19:00 horas.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, quixo agradecer ao CIT "o traballo que desenvolve ao longo de todo o ano para dinamizar San Ciprián e promover actividades que enriquecen a oferta turística e de lecer do municipio", ao tempo que animou á veciñanza e ás persoas que visitan Cervo durante o verán a participar nesta xornada festiva.

Desde o Concello de Cervo reiteran o seu compromiso coa colaboración co tecido asociativo local, apoiando iniciativas como o Día do Turista, que contribúen a promocionar o municipio e a consolidalo como un referente turístico da Mariña.