O CONCELLO DE CERVO CLAUSURA UNHA NOVA TEMPADA DOS CURSOS DA PISCINA OLÍMPICA MUNICIPAL, QUE SUPEROU OS 280 CURSILLISTAS

A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse á instalación municipal para participar na entrega de diplomas ao alumnado, onde puxo en valor “a alta participación rexistrada ao longo de toda a tempada e o compromiso dos usuarios/as coa práctica deportiva e os hábitos saudables”.

 

O Concello de Cervo pecha esta semana unha nova edición dos cursos da piscina olímpica municipal, tanto nas modalidades infantís como de adultos, consolidando un ano máis a boa acollida desta actividade entre a veciñanza.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse á instalación municipal para participar na entrega de diplomas ao alumnado, onde puxo en valor “a alta participación rexistrada ao longo de toda a tempada e o compromiso dos usuarios/as coa práctica deportiva e os hábitos saudables”.

Durante o curso participaron un total de 285 cursillistas. No caso das crianzas, organizáronse dous cuadrimestres para facilitar a participación ante a elevada demanda existente. Así, no primeiro cuadrimestre asistiron 67 nenos/as e 12 bebés; mentres que no segundo participaron 57 nenos/as e 11 bebés.

Pola súa banda, os cursos para adultos, entre os que se inclúen actividades de natación e aquagym adaptadas aos diferentes niveis, contaron con 138 participantes ao longo da tempada.

A rexedora tamén destacou o incremento continuo de usuarios/as da instalación municipal, que xa supera os 1.015 socios/as, “un dato moi positivo que demostra que a piscina olímpica municipal é un espazo de referencia para o deporte, a saúde e o lecer para persoas de todas as idades”.

Dolores García Caramés quixo agradecer tamén o labor do equipo de monitores/as “pola súa profesionalidade, dedicación e capacidade para adaptar as clases ás necesidades de cada grupo”.

adultos