O CONCELLO DE CERVO CLAUSURA UNHA NOVA EDICIÓN DE CERVO CONCILIA NA SEMANA SANTA

Este luns rematou unha nova edición do programa Cervo Concilia, cun gran éxito de participación, con máis de 60 nenos e nenas inscritas.

 

A rexedora, Dolores García Caramés, clausurou este mediodía a iniciativa "pensada para ofrecerlles ás familias unha axuda na difífil tarefa de conciliar nas vacacións escolares" e entregoulle a cada crianza un ovo de Pascua, como agasallo.

 

Durante esta Semana Santa os pequenos e pequenas desfrutaron moito cos monitores e monitoras, realizando todo tipo de xogos e manualidades coa temática da Pascua, e tamén saídas á rúa, de feito gozaron moito dos inchables que se instalaron estes días na Praza dos Campos.

A rexedora quixo agradecer unha vez máis a implicación do equipo docente e tamén das familias "claves no éxito deste programa que é un referente no noso Concello".