O CONCELLO DE CERVO CLAUSURA A PRIMEIRA QUENDA DOS CURSOS INFANTÍS DA PISCINA OLÍMPICA MUNICIPAL

A actividade continúa sen pausa, xa que a vindeira semana dará comezo unha nova quenda con outros tantos participantes, mantendo así unha elevada participación nos cursos.

O Concello de Cervo despide esta semana a primeira quenda dos cursos da Piscina Muncicipal Olímpica, na que participaron arredor de 80 nenos e nenas, distribuídos nos diferentes niveis formativos.

A actividade continúa sen pausa, xa que a vindeira semana dará comezo unha nova quenda con outros tantos participantes, mantendo así unha elevada participación nos cursos.

Tal e como sinalou a alcaldesa, Dolores García Caramés, que se achegou á instalación para participar na entrega de diplomas, “ao longo do curso contamos con máis de 200 cursillistas entre nenos e adultos, o que amosa a gran acollida destas actividades”.

Durante o acto de clausura, a rexedora fixo entrega dun diploma acreditativo e dun pequeno agasallo a cada neno e nena, felicitándoos polo esforzo, a evolución e os logros acadados ao longo destes meses.

No caso da modalidade infantil, os cursos estrutúranse en diferentes niveis segundo a idade e as habilidades, mentres que os adultos participan en clases de natación e aquagym, adaptadas tamén ás súas capacidades.

 

A alcaldesa destacou ademais que a piscina municipal supera xa os 850 socios e socias, “un dato moi positivo que confirma que esta instalación está plenamente consolidada como un espazo saudable, educativo e de lecer para persoas de todas as idades”.

Por último, quixo agradecer ás familias e o traballo do equipo de monitores e monitoras, salientando a súa profesionalidade e a capacidade de adaptación ás necesidades de cada grupo