O CONCELLO DE CERVO CLAUSURA O CURSO DA ESCOLA INFANTIL
Un día moi especial, cheo de emocións e alegría no que celebramos os progresos de todos os nenos e nenas da escola e, sobre todo, despedimos con moito agarimo a aqueles que xa dan o gran paso cara ao cole dos maiores.
Que bonito día vivimos no acto de clausura do curso 2024-25 da Escola Municipal Infantil
Un día moi especial, cheo de emocións e alegría no que celebramos os progresos de todos os nenos e nenas da escola e, sobre todo, despedimos con moito agarimo a aqueles que xa dan o gran paso cara ao cole dos maiores.
Román, Hugo, Lucas, Gala, Ainara, Brian, Valentina, Luna, Raquel e Bea.
Houbo medallóns e agasallos para todos, e diplomas e orlas para os que se gradúan este ano.
Despois compartimos unha pinchada con familias e peques, e gozamos de actividades divertidísimas: pintacaras, globoflexia e moito máis.
Grazas ás familias por acompañarnos e facer desta xornada unha auténtica festa!