O CONCELLO DE CERVO CELEBROU A SÚA TRADICIONAL GALA DE NADAL

O Salón de Actos da Casa do Concello encheuse de música, emoción e espírito festivo grazas ás actuacións da Coral Terramar, Coro de Cervo, Cordenaia de Airiños do Xunco, Fol do Raxal, A Rebolaxe, Milicrocas de Airiños do Xunco e Mistura Infantil, que nos regalaron momentos únicos e cheos de talento e emoción. 

 

Este domingo vivimos unha tarde moi especial coa celebración da Gala de Nadal, un acto que deu o pistoletazo de saída ás festas do Nadal no noso concello.

O Salón de Actos da Casa do Concello encheuse de música, emoción e espírito festivo grazas ás actuacións da Coral Terramar, Coro de Cervo, Cordenaia de Airiños do Xunco, Fol do Raxal, A Rebolaxe, Milicrocas de Airiños do Xunco e Mistura Infantil, que nos regalaron momentos únicos e cheos de talento e emoción. 

Dende o Concello de Cervo queremos expresar o noso agradecemento sincero a todos os grupos participantes polo seu traballo e compromiso, así como a todas as persoas, voluntariado e persoal municipal que colaboraron para facer posible esta gala. 

Graciñas tamén á asoc. Mulleres de San Ciprián por colaborar na decoración da sala.

Unha noite que marcou o comezo das celebracións do Nadal en Cervo e que nos lembra a importancia de compartir, sentir e celebrar xuntos estas datas tan especiais.

 Bo Nadal a todas e todos