O CONCELLO DE CERVO CELEBROU HOXE A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE

Xunta Local Seguridade

Na cita abordaron cuestión de coordinación dos dispositivos de seguridade das diferentes festas que terán lugar os próximo meses con gran afluencia de xente no municipio

O Concello de Cervo celebrou este mediodía a Xunta Local de Seguridade, copresidida pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, na que tamén estiveron presentes a edil Mali Méndez, Representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.

Na cita abordaron cuestión de coordinación dos dispositivos de seguridade das diferentes festas que terán lugar os próximo meses con gran afluencia de xente no municipio como son a Festa da Maruxaina (10 de agosto) e a Queimada Popular (17 de agosto), ambas declaradas de Interese Turístico Galego, co fin de “garantir a seguridade para que a veciñanza e as persoas que nos visiten desfruten ao máximo destas celebracións tan populares”.