O CONCELLO DE CERVO APOIA UN NOVO PLAN ACCIÓN DE ALCOA PROMOVIDO, NESTA OCASIÓN, POLA ASOCIACIÓN MISTURA DE LIEIRO.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa
A asociación Mistura de Lieiro promoveu esta semana unha nova xornada de limpeza na praia de Cubelas, enmarcada no Plan de Acción de Alcoa, unha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa
agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.