O CONCELLO DE CERVO ANIMA Á VECIÑANZA A PARTICIPAR NAS CLASES DE BAILE DE SALÓN QUE PROMOVE A ASOCIACIÓN ARAMA E A ESCOLA DE BAILE HOVER CROSS
O curso dará comezo o 10 de setembro
O curso dará comezo o 10 de setembro
ás 21:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz, en San Ciprián.
As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar información nos teléfonos:
648 033 250 · 620 817 300 · 630 864 427
As sesións, dunha hora á semana, serán impartidas por profesores titulados en: vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá.
A actividade foi presentada pola alcaldesa Dolores García Caramés, o presidente da asociación ARAMA (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña) Manuel Casas, e o profesor de baile internacional Francisco Villarino.